Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 30 de novembro de 2023
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 30 de novembro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación da Conta Xeral correspondente ó exercicio 2022. Aprobada por unanimidade.
- Proposta da Alcaldía de incorporación de camiño público (expediente 3820/2023). Aprobada por unanimidade.
- Proposta da Alcaldía para aprobación definitiva da desafectación do camiño público con n° de activo 420. Aprobada por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do PP contra a tramitación da lei de amnistía. Denegada co voto en calidade do alcalde ao contar con 6 votos a favor (PP), 6 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 1 abstención (VIxP).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á defensa e protección do sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia. Denegada a inclusión da emenda presentada polo BNG ao contar con 6 votos a favor (Nós Pobra, BNG e VIxP) e 7 en contra (PSdeG-PSOE e PP). Aprobada a moción orixinal con 12 votos a favor (Nós Pobra, BNG, VIxP e PP) e 1 en contra (PSdeG-PSOE).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á construción dun parque infantil público e á reparación da pista deportiva da Granxa na parroquia de Santa Cruz. Aprobada a inclusión da emenda presentada polos grupos municipais que forman o goberno local con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP). Aprobada a moción emendada por unanimidade.
- Proposición da Alcaldía sobre a encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte e aprobación de Convenio. Aprobada a inclusión do punto con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP) por estar recollida na orde do día, pero non ir a comisión informativa. Aprobada a proposición con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para dar paso aos seguintes asuntos de urxencia.
- Proposta da Alcaldía de apoio á moción presentada polo sector pesqueiro do noso concello para a declaración de interese xeral das actividades de pesca, marisqueo e acuicultura de bivalvo. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a proposta por unanimidade.
- Proposta da Alcaldía de apoio á solicitude da Plataforma por un Transporte Público Digno na comarca do Barbanza. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a proposta por unanimidade.
Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.