Os xogos de mesa centrarán unha xornada de ocio na Casa da Mocidade pobrense
A Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal albergará no 29 de decembro unha xornada de xogos de mesa. Trátase dunha acción lúdica que se desenvolverá en quendas de mañá e de tarde: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.
Tal e como explica o concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido, trátase dunha iniciativa máis para dinamiza-la referida dependencia municipal, ofrecerlle alterativas de ocio a toda a poboación e converte-lo dito espazo nun lugar de encontro.
Máis información e inscricións en xadrezbretema@gmail.com.