A Pobra convoca o sector comercial para avalia-la campaña do Nadal e estudar novas accións dinamizadoras
A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal convoca representantes de comercios na localidade a unha xuntanza para valorar conxuntamente a campaña do Nadal e analizar propostas de dinamización para desenvolver neste ano.
O encontro terá lugar no 31 de xaneiro, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán e están convidadas tódalas persoas propietarias de negocios no municipio.
A edil Amparo Cerecedo explica que se pretende avaliar así o impacto económico e social que tivo a campaña Consigue Caramiñas, Comparte Nadal, ademais de chegar a un acordo sobre novas accións para incentiva–las compras nos establecementos da contorna.