Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 1 de agosto de 2024
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 1 de agosto, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Dar conta de decretos da alcaldía e asuntos varios.
- Dación de conta da aprobación da liquidación do orzamento de 2023.
- Proposta de alcaldía das datas para a determinación das festividades locais para o ano 2025. 18 de agosto (luns do Carme dos Pincheiros) e 22 de setembro (luns do Nazareno). Aprobada con 11 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE, VIxP e PP) e 2 abstencións (BNG).
- Proposta de alcaldía implantación política de seguridade do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.
- Aprobación provisional de crédito extraordinario 01/2024. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación provisional de suplemento de crédito 01/2024. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
- Aprobación provisional de crédito extraordinario 02/24 e aprobación de modificación da base de execución nº39. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación provisional de suplemento de crédito 02/24 e aprobación de modificación da base de execución nº39. Aprobado por unanimidade.
- Proposta alcaldía delegación de competencias para a xestión recadatoria na Deputación Provincial da Coruña. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
- Establecemento da taxa e aprobación provisional da ordenanza fiscal nº37 reguladora da taxa por dereitos de exame. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº23 reguladora da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
- Solicitude á Deputación Provincial de concesión dunha subvención nominativa para o proxecto de novas aperturas comerciais na Pobra do Caramiñal “Emprende-CoPobra”. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación prórroga do convenio de colaboración entre Axencia Tributaria de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal en materia de recadación en vía executiva. Aprobado por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do BNG relativa á suba do canon de Sogama aos concellos. Aprobada por 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
- Moción do grupo mixto (PSOE) en defensa do servizo básico e esencia da educación pública. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
- Moción do grupo mixto (PSOE) relativa ao canon da auga. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
- Moción do grupo mixto (PSOE) sobre o financiamento da Xunta de Galicia do Servizo de Axuda no Fogar. Aprobada por unanimidade a inclusión da emenda presentada polo PP. Aprobada por unanimidade a moción emendada.
- Moción do grupo municipal do PP relativa ó cambio de sentido dos aparcamentos en batería. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á creación de aparcamentos disuasorios. Aprobada a inclusión da emenda presentada polo goberno municipal con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
Ao completarse a duración máxima establecida para os Plenos, de 4 horas, no artigo 23 do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), quedaron dous puntos da orde do día sen tratar e a parte de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.