O Verán Cultural leva á Pobra animación de rúa e música nunha nova semana do mes de agosto
Máis alá da festa do Carme dos Pincheiros, A Pobra do Caramiñal vivirá xa a mediados desta semana dúas actividades ao aire libre adscritas ao Verán Cultural de 2024. “A partir desta fin de semana mergullarémonos nun dos grandes festexos da nosa localidade, pero xa teremos antes dúas novas citas culturais”, declara a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
Troula Animación percorrerá o núcleo urbano con Pachamama no mércores 14, a partir das 21.30 horas. Unha carroza móbil cun batería animará o ambiente con ritmos electrotribais, acompañado de catro marionetas xigantes, con coreografías, interacción co público e parada final con pirotecnia. Sairá do Cantón da Leña e, pola estrada a carón do mar, dirixirase á praza Alcalde Segundo Durán.
E Clara Pino & Pablo Vidal e Banda ofrecerán un concerto no xoves 15, ás 21.30 horas, no Cantón da Leña.