O Concello da Pobra conmemora un ano máis o Día da Galiza Mártir
No 17 de agosto conmemórase o Día da Galiza Mártir e, un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal súmase aos actos que terán lugar en todo o territorio galego arredor desta data.
Por iso, no sábado 17, ás 11.30 horas, efectuarase unha ofrenda floral a carón da escultura pola memoria histórica situada nos Xardíns de Valle-Inclán.
A concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, sinala que se trata dunha homenaxe a tódalas persoas vítimas do franquismo.