A oferta formativa cultural da Pobra conta novamente con clases de baile
Salsa cubana, roda de casino, bachata, baile moderno ou merengue son algunhas das disciplinas que regresan á Pobra do Caramiñal dentro da oferta formativa cultural para o curso 2024-2025.
Estas clases de baile impartiranse tódolos xoves, a partir do 3 de outubro, na Casa da Mocidade a cargo de El TomaSON. Para as crianzas será dende as 18.00 ata as 19.00 horas e as persoas adultas teñen á súa disposición o tramo de 19.00 a 20.00 horas.
“A mediados de setembro presentamos os obradoiros de linedance e baile social con Taller Alecrín e agora traemos as habituais aulas de bailes latinos con El TomaSON. Queremos así seguir dinamizando a vida cultural do noso municipio nos vindeiros meses ao tempo que se potencia a creatividade e expresión artística da veciñanza”, manifesta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
Habilítase diferentes canles para a inscrición: na propia casa da cultura Raquel Fernández Soler, no teléfono de contacto 689569224 ou no enderezo electrónico tomasonriveira@yahoo.es.