Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 28 de novembro de 2024
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 28 de novembro, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación actas anteriores (7 e 26 de xullo, 28 de setembro, 7 e 30 de novembro de 2023; 21 de xaneiro, 8 e 29 de febreiro, 15 de abril, 15 e 30 de maio, 1 de agosto, 12 e 26 de setembro de 2024). Aprobada por unanimidade.
- Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.
- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº7 reguladora da taxa pola subministración e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable, así como da conservación de contadores e acometidas. Actualización de tarifas para o ano 2025. Aprobada por unanimidade.
- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº20 reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros. Aprobada por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do PP relativa á compra da antiga nave de Hadasa na Ribeiriña. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
- Moción do grupo municipal do PP relativa ó desmantelamento da seguridade preservada pola Garda Civil na provincia da Coruña. Denegada a emenda de substitución presentada polo BNG ao contar con 2 votos a favor (BNG), 6 en contra (PP) e 5 abstencións (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e VIxP). Denegada a moción ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
- Moción do grupo municipal do BNG relativa á adopción de medidas para a defensa e normalización da lingua galega. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
- Moción do grupo municipal do BNG relativa á inclusión nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2025 das partidas necesarias para contribuír ao desenvolvemento social e económico do noso concello. Aprobada a emenda de engádega presentada polo PSdeG-PSOE con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación de Violencia contra as Mulleres. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
- Rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal