
XORNADAS MULLER E CIENCIA
A décima edición das Xornadas Muller e Ciencia terá lugar no sábado 15 de marzo das 18.00 ás 20.00 horas no auditorio da biblioteca municipal. A primeira das conferencias estará centrada na capacidade de rexeneración do cerebro e a segunda, nas algas como solución sostible á contaminación.
Nesta edición presentarán os seus estudos Jannete Rodríguez-Pallares, licenciada en Bioloxía e doutora en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela, e Xana Álvarez Bermúdez, enxeñeira agroforestal da Universidade de Vigo.
Estará habilitado un obradoiro de conciliación para facilita-la asistencia no que será necesario inscribirse chamando ao 981 83 27 64 (ext. 6) ou escribindo a igualdade@apobra.gal