
O Concello impulsa a renovación da pista de atletismo da Alta
O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; o director técnico da entidade, Abelardo Moure; e a coordinadora de Deportes do Concello, Ana Romero, mantiveron unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García.
Durante o encontro solicitaron financiamento para acometer a remodelación do pavimento da pista de atletismo do Estadio da Alta.
Desde o Concello incídese na importancia de avanzar na mellora das instalacións deportivas municipais e de contar coa colaboración entre administracións para reforzar as infraestruturas destinadas á práctica deportiva na Pobra.



