Últimas Novas

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

No 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O Concello da Pobra do Caramiñal fai parte da campaña En negro contra as violencias, á cal leva adherida varios anos. Neste senso, a Concellaría da Igualdade propón a veciñanza e empresas locais vestiren de loito en sinal de dor por tódalas mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Preténdese, polo tanto, transmiti-la mensaxe do desexo dunha Pobra libre de violencias machistas.

Así mesmo, recentemente o Concello adheriuse a DE FRONTE á violencia de xénero, a nova campaña impulsada pola Deputación da Coruña que busca plantarlle cara ó feminicidio e implica-la sociedade, sumando forzas e mobilizando a cidadanía para a erradicación da violencia machista.

Cómpre lembrar que, a maiores, a Concellaría da Igualdade impulsa unha programación co obxectivo de concienciar sobre a violencia de xénero para sensibilizar, previr e educa-la cidadanía coa finalidade de erradicar unha praga que afecta toda a sociedade.