Últimas Novas

PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS! Repartimento dos cinceiros domingo 26 de xullo pola tarde nas praias da Illa, da Lombiña e da Corna

PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS! Repartimento dos cinceiros domingo 26 de xullo pola tarde nas praias da Illa, da Lombiña e da Corna

CAMPAÑA PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS

Promove o Concello da Pobra do Caramiñal.

  • OBXECTIVO DA CAMPAÑA: Reduci-la presenza de cabichas nos areais
  • MOTIVOS PARA FACE-LA CAMPAÑA: As cabichas
  • Contaminan a auga salgada e a auga doce.
  • Cada cabicha pode contaminar entre 8 e 10 litros de auga do mar e ata 50 litros se se trata de auga doce.
  • Son un residuo altamente contaminante pola súa composición:
  • Os raios ultravioletas do Sol poden fragmenta-lo filtro en pezas máis pequenas, pero o material de orixe non é biodegradábel.
  • Reteñen numerosas substancias como cadmio, arsénico, nicotina, tolueno, e outros compoñentes como o metanol, ácido acético, amoníaco, ácido esteárico e alcatrán.
  • Son un residuo persistente no tempo:
  • O informe de 2017 da ONG Ocean Conservancy indica que as cabichas supoñen o 13% do número total de desperdicios recollidos na súa campaña mundial.
  • Poden viaxar miles de quilómetros e contaminar diferentes ecosistemas, incluídos os océanos.
  • Diversos estudos mostran que o seu efecto contaminante pode durar entre 7 e 12 anos, e incluso algúns estudos afirman que poden chegar ata os 25 anos.
  • Son un residuo difícil de retirar nas praias tanto con limpeza mecanizada coma manual:
  • Pasan polos buratos das cribas nas máquinas de limpeza mecanizada.
  • É moi laborioso recollelas unha a unha, é decir, suporía un gasto en persoal e esforzo economicamente inasumíbel.
  • Moitos animais confúndenas con comida, e morren ou enferman por atragoamento ou toxicidade.

 

  • Dan moi má imaxe do lugar onde se atopan, pois a calquera persoa lle gustan as praias limpas.
  • Ás nenas e nenos chámanlle-la atención e métenas na boca.

 

Se queredes máis información: www.proyectolibera.org