Últimas Novas

Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020

Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020

            A Real Academia Galega, nunha medida inédita e sen precedentes na historia da institución, adiou a celebración do Día das Letras Galegas (que se vén facendo tódolos 17 de maio dende 1963) ata 31 de outubro de 2020 debido á crise do coronavirus.

A pesar disto, a RAG e demais colectivos de defensa da lingua galega queren que este atípico 17 de maio sexa igualmente unha celebración colectiva, por iso dende o Facebook   Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal    

e dende esta mesma páxina difundiremos diversas iniciativas.

Comezamos coas das máis nenas e nenos: un breve repaso da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, narrado polo alumnado de 5.º da primaria do colexio San Pío X (Ourense).

As ilustracións son de Carlos Gallego e a música de Rebretón e Bosquimana (Mutenrohi).

Non o perdades!

https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY&t=25s