
Programado un contacontos na biblioteca municipal da Pobra
A biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no 22 de setembro, ás 18.00 horas, unha actividade destinada ao público infantil e familiar.
Sole Felloza ofrecerá un contacontos sobre a historia de Carlota, a maleta viaxeira, que aventurará ás crianzas asistentes en viaxes a outros países e épocas.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), ao abeiro do programa Ler Conta Moito.
O acceso é libre ata completa-la cabida.