CAMPAÑA "UNHA DECISIÓN RESPONSABLE"
Co lema, “Unha decisión responsable”, comezamos a nosa campaña, enfocada a concienciar sobre a importancia de esterilizar aos nosos animais. Con isto non so nos beneficiamos as persoas, senón que tamén os beneficiamos a eles.
- BENEFICIOS DE ESTERILIZAR
-Prevención en femias:
Infección bacteriana de útero
Quistes e tumores ováricos
Tumores mamarios
Transmisión de leucemia e inmunodeficiencia en gatas
Evita fugas e embarazos non desexados
Evita malos olores e secreción sanguinolenta durante o celo
– Prevención en machos:
Tumores prostáticos e prostatites
Tumores testiculares
Tumores anais
Transmisión de leucemia e inmunodeficiencia en gatos
Evita fugas e pelexas
Evita comportamentos non desexados e perigosos (marca de territorio, agresividade, etc.
- CONTROL DA POBOACIÓN
Evita os embarazos non desexados e que a descendencia teña un futuro incerto. Reduce o número de animais abandonados.
- MELLORA DO COMPORTAMENTO
Elimina a aparición do celo cada seis meses. O celo dunha femia pode provocar pelexas entre os machos, a fuga do animal -que pode derivar en perda, atropelo, etc… e as molestias (para os propietarios) da secreción sanguinolenta das cadelas. Desaparecen os marcaxes e os comportamentos a veces agresivos nos machos. Os animais esterilizados centran a súa atención na familia e son máis dóciles.
Se tes dúbidas, podes chamar ao 881 163 821.
Hospital Veterinario Ramiro Tubio
Goberno da Pobra do Caramiñal 2015/2019
VoxÁnima, Asociación Animalista