CHARLA INFORMATIVA SOBRE "COWORKING"
No venres 7 de outubro ás 18:00 h terá lugar unha charla informativa sobre coworking no antigo restaurante O´Lagar da Pobra do Caramiñal, que promove a Concellaría da Participación Cidadá do Concello da Pobra do Caramiñal.
Se traballas na casa ou queres crea-la túa propia empresa, non o dubides: ven e infórmate!
O coworking é un traballo en cooperación, unha forma de traballo que permite a profesionais, independentes, persoas emprendedoras e ás PEME de diferentes sectores compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico coma virtual, para desenvolve-los seus proxectos profesionais de maneira independente á vez que fomentan proxectos conxuntos.