
MELLORA DO ACCESO Á PRAIA DA ILLA DA LAXE
O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da convocatoria da Axencia Turismo de Galicia e ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o apoio aos investimentos para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala, mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, convocatoria para o ano 2016, está a levar a cabo as obras de mellora do acceso á praia da Illa.
O financiamento deste Plan contou con fondos provenientes da Unión Europea a través do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rural (FEADER).