
“MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO DESDE SANTO ISIDRO A PUMADIÑO”
O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da convocatoria do “Plan Marco para a mellora de camiños municipais a explotacións agrarias – 2016” de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) levou a cabo as obras do proxecto para a “MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO DESDE SANTO ISIDRO A PUMADIÑO”.
O financiamento deste Plan contou con fondos provenientes da Unión Europea a través do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rural (FEADER).