
TEATRO NO ARAMIO PRESENTA ALACRÁN
Teatro no Aramio presenta Alacrán no domingo 13 de novembro ás 19.00 h no teatro Elma. Proposta traxicómica ambientada nun tugurio, Alacrán, por onde van pasando curiosos personaxes cargando coas súas historias.
Dramaturxia de comedia escura, música en directo e cancións mestúranse nesta peza de Teatro no Aramio dentro do programa FESTEXAR 2016 que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.