EXPOSICIÓN: ¿AVANZAMOS? OS DEREITOS DAS MULLERES E DAS NENAS
As mulleres e nenas vense obrigadas a fuxir por motivos similares aos dos homes, pero as suas circunstancias vense afectadas ademáis polas desigualdades de xénero, pola discriminación a violencia que sofren polo mero feito de ser mulleres ou nenas. Elas corren máis riscos e concontranse nunha situación de especial vulnerabilidade, aumentan os casos de violencia de xénero, son sometidas a explotación sexual ou a matrimonios forzados.
Amnistía Internacional traballa para visibilizar e denunciar estas violacións dos dereitos humáns.
A exposición formada por varias áreas temáticas constituidas por paneis poñen de manifesto os problemas aos que se enfrentan as mulleres e nenas en todo o mundo.
A inauguración será o martes 31 de xaneiro as 17:00 h na Casa Mariñeira do Parque do Castelo de A Pobra do Caramiñal, e poderase visitar o mércores, xoves e venres de 10:30 h a 13:30 h, e o martes, mércores e xoves de 17:00 a 19:00 h.