ENTREGA DE PREMIO: CONCURSO DE CARTEIS PARA O FOMENTO, IMPULSO E PROMOCIÓN DA IGUALDADE
Co obxectivo principal de potenciar, fomentar e promove-la igualdade efectiva entre homes e mulleres, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organizou un CONCURSO DE CARTEIS.
Este concurso realizado en novembro de 2016 xurdiu como ferramenta para sensibilizar e conciencia-lo alumnado do IES da Pobra do Caramiñal, presente e futuro da nosa cidadanía, sobre a importancia de poñer en práctica o valor da igualdade efectiva entre homes e mulleres.
O debuxo gañador, cun premio de 150€, é a imaxe do calendario do ano 2017 do Concello da Pobra do Caramiñal. O calendario repartiuse a todo o alumnado dos colexios da Pobra do Caramiñal e do IES.
O acto de entrega do premio e diplomas acreditativos do concurso será no día 8 de febreiro ás 18.00 h no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal.