
QUE PODO FACER ANTE UNHA CLÁUSULA CHAN?
Nestes días sempre oímos falar de “cláusulas chan” e de “gastos hipotecarios”. Pensamos sobre se pagariamos de máis polas nosas hipotecas e se poderiamos recuperar eses cartos.
O Concello, a través da Oficina Municipal de Información e Consumo (OMIC), organiza para este mércores día 15 de febreiro unha sesión informativa sobre estes temas, para que a nosa veciñanza poida entender de que se trata. Falarase tamén dos pasos por seguir para recupera-los cartos no caso de ser unha das persoas afectadas.
Os encargados de expo-la información serán os técnicos da Unión de Consumidores de Galicia.
Poden solicitar máis información na nosa Oficina Municipal de Información e Consumo, situada na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.