
EXPO-FEMINISTA
SÁBADO E DOMINGO, 17 E 18 DE XUÑO
CASETAS DOS XARDÍNS VALLE-INCLÁN
A próxima fin de semana, nas casetas dos Xardíns Valle-Inclán organizamos unha Expo Feminista. Será unha exposición para visibilizar ás mulleres. Cada caseta está adicada a un tema: violencia de xénero, conciliación e corresponsabilidade, traballo e fenda salarial, mulleres e ciencia, mulleres que cambiaron o mundo, igualdade. Contaremos tamén ca presencia da Asociación contra o cancro, Asociación de Amas de Casa e da asociación Mulleres en Acción.
As casetas estarán abertas de 12.00 h a 14.00 pola mañá, e de 19.30 a 21.30 pola tarde.