CURSO OFICIAL DE MONITORADO DE TEMPO LIBRE
Hoxe ábrese o prazo para se inscribir no CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE que se vai realizar no noso Concello dende 30 de marzo a 3 de xuño.
Este curso está homologado pola Consellaría da Política Social da Xunta.
O obxectivo deste curso é que as persoas maiores de idade (co certificado da EXB, da ESO, da FP ou equivalente) acaden a titulación oficial homologada de monitor/a de actividades de tempo libre para que así poidan traballar en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, concellos etc.
Ademais as persoas inscritas teñen a posibilidade de face-los cursos de manipulación de alimentos e de monitorado de transporte escolar de maneira gratuíta.
Se estás interesado/a en te inscribires, pasa polas oficinas de Deportes, chama ó 981 83 25 90-981 83 15 45 (de luns a venres de 9:30 a 14:30 h) ou envía un correo electrónico a deportes@apobra.gal