
REGATA DE BATEIS A POBRA OFICIAL ZONA NORTE TEMPADA 2018
A regata disputarase na dársena do porto comercial, cun campo de 6 carreiros.
Inicio das regatas ás 16.30 horas, e reunión de delegados na oficina do club ás 15.30 horas.
O prazo de inscrición estará aberto ata venres 9 ás 22:00 horas. Débese manda-la correspondente folla de inscrición ó correo club@remopuebla.com
Categorías e orde de saída:
– Alevín Feminino
– Alevín Masculino e Mixto
– Promesas
– Xuvenil Feminino
– Absoluto Feminino
– Infantil
– Cadete
– Xuvenil Masculino
– Absoluto Masculino
– Veteranos
Segundo o criterio da organización, poderanse agrupar nunha quenda as categorías Xuvenil e Absoluto Feminino, así como Xuvenil, Absoluto Masculino, en función do número de participantes.
Procederase a da-las saídas lanzadas, criterio que poderá ser modificado por iniciativa da organización. Nos casos de que así se aplique este criterio, sairán primeiro as embarcacións teoricamente de superior nivel.
As embarcacions participantes deberán estar no momento de remata-la quenda previa na zona indicada no plano adxunto como “Previo Saída”. Na categoría Alevín e Cadete Masculino, enténdase que deberán estar na zona de balizas exteriores.
Dado o elevado número de equipos previstos, non se concederán “tempos mortos” entre quendas.
Solicítase ós clubes participantes que se despracen en autobús que respecten a sinalización indicada para o aparcamento destes vehículos.
Haberá medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.