
RUTA GUIADA POLO CENTRO HISTÓRICO
Martes 27 de marzo ás 12:00 h
Un percorrido polo Camiño de peregrinación que nos guiará para ve-los edificios históricos e monumentos da vila.
Terá unha duración aproximada dunha hora e media, é de dificultade baixa.
É precisa a inscrición previa e pagar 3 € por persoa, no punto de información turística que está situado no Museo Valle-Inclán, en horario de mañá, de 11:00 ás 14:00 h e de tarde dende as 17:00 ás 19:00 h. Son prazas limitadas.
É unha iniciativa da Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.