FESTIVAL INFANTIL “BORISKA”
SÁBADO 24 DE MARZO ÁS 18.00 H NO TEATRO ELMA
Por primeira vez de xira por España.
Un espectáculo interactivo e divertido con cómicos, números circenses, personaxes televisivos (Patrulla Canina, The Minions…), actuacións musicais e moito máis como pompas de xabón xigantes e un espectacular oso polar de peluche con máis de dous metros de altura.
Entrada de balde ata enche-la cabida do local.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.