
EXPOSICIÓN “LIBERTAS” DE OLEGARIO SAMPEDRO
Inauguración 6 de abril, ás 20:00 horas, na casa da cultura Raquel Fernández Soler do Concello da Pobra do Caramiñal
Este proxecto artístico-literario e pedagóxico ten como obxectivo difundi-los dereitos humanos e en especial o dereito á liberdade de expresión. Está promovido polo PEN internacional, o PEN galego e o IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira).
Esta exposición artística homenaxea os casos de sete autores de distintas nacionalidades a quen se lles conculcou este dereito fundamental (Federico García Lorca, Liu Xiaobo, Orham Pamuk, Xosé Luís Méndez Ferrín, Susana Chávez, Jude Dibia e Liu Xiaobo).
Libertas permanecerá na Pobra durante todo o mes de abril, de luns a venres en horario de mañá e tarde. Os martes e xoves ás 19:00 haberá visitas guiadas. Tamén se ofrece a posibilidade de concertar visitas guiadas e didácticas para grupos de persoas adultas e escolares, chamando ó teléfono 981 831 545.