EXPOSICIÓN DE PINTURA ABSTRACTA “AFOUZARTE” INAUGURACIÓN SÁBADO, 5 DE MAIO, ÁS 20.00 H., CASA DA CULTURA "RAQUEL FERNÁNDEZ SOLER"
Afouzarte” é un proxecto nado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e promovido por tres alumnos (Aida López Fernández, Verónica Fachal Vázquez e Samuel González Soliño) que tiveron a iniciativa de intentar achegar a arte a diferentes colectivos que, en principio non están relacionados con ese mundo.
Nesta proposta participan persoas dos Centros CPI Castro Baixo (Miño), Colexio Infantil Fernández Varela (A Pobra do Caramiñal), da Asociación ASPERGA e a Facultade de Belas Artes (Pontevedra).
No acto de inauguración a alumna da Escola de Música da Pobra, Helena Rivas, pondrá a nota musical.
Esta exposición poderase visitar durante todo o mes de maio no seguinte horario; de luns a venres de 10:00 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 h.