
ODAIKO PERCUSIÓN “ VAIA BANDA!”
MÉRCORES 16 DE MAIO ÁS 20.30 H NO TEATRO ELMA
Coma se dun circo desastre se tratase, Odaiko recrea un espazo circense en que os elementos percusores son os medios usados para realiza-las acrobacias. Baquetas que voan, tambores máis grandes do habitual, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo son os elementos que fan deste circo un espectáculo en que o público interactúa espontaneamente e se achega ó fabuloso mundo cirpercutense.
Trátase dunha volta pola música representativa de cada zona de España. Os nosos virtuosos percusionistas lévannos de viaxe e interpretan parte da literatura musical característica de cada unha das zonas da Península Ibérica. A música interpretada polos nosos intrépidos embaixadores e embaixadoras do ritmo está acompañada dunha divertida posta en escena.
Entrada de balde
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no Camiño, da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais, da Xunta).