
A Pobra, de loito oficial por Sara e Abraham e a súa morte en accidente de tráfico
O Concello da Pobra do Caramiñal permanece de loito oficial durante os días 6 e 7 de maio.
A tráxica morte de Sara e Abraham en accidente de tráfico nesta fin de semana á tarde conmocionou todo o noso municipio, que se suma á gran dor das súas familias e amizades.
Na mañá deste luns, 6 de maio de 2019, realizouse un pleno urxente e extraordinario para mostrarmos publicamente a nosa solidariedade coas persoas máis achegadas a Sara Lampón Sampedro e a Abraham Muñiz Santos, dúas persoas mozas cuxo falecemento nos enche de gran tristeza.
Toda a corporación desexa enviarlles ás súas familias a súa sincera solidariedade nestes duros momentos.
Enviámoslle tamén a Pilar Fernández Patiño, ferida no accidente, o noso desexo dunha pronta recuperación.