A Pobra estrea Torneo de Xogos de Mesa polo Nadal
A Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal dará cabida no 22 de decembro á primeira edición do Torneo de Xogos de Mesa. Desenvolverase en quenda de mañá co Campionato Xuvenil, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde co Campionato Absoluto, dende as 16.00 ata as 20.00 horas.
É necesario saber xogar ó Blood Bowl: Team Manager-The Card Game e o espazo está limitado a 16 equipos.
O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, indica que “colaboramos na promoción de novas alternativas de ocio para a poboación ao tempo que contribúen a dinamiza-la Casa da Mocidade co obxectivo de que o seu uso non se limite só a un espazo formativo, senón que se converta tamén nun punto de encontro.”
Haberá, así mesmo, trofeo participativo. Máis información en xadrezbretema@gmail.com.