MALASOMBRA TEATRO “OS FABULOSOS CLEANERS”
27 de decembro ás 18.00 h no Teatro Elma. Entrada de balde.
OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos. Unha fantástica experiencia visual para participar toda a familia.
Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade, as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.
O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes dous personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.