Charla-coloquio, venres 15 de marzo, 20 h , auditorio do museo:"A fenda salarial de xénero"
CHARLA-COLOQUIO “A FENDA SALARIAL DE XÉNERO”
VENRES 15 DE MARZO ÁS 20.00 h NO AUDITORIO DO MUSEO VALLE-INCLÁN
Dende a Concellaría da Igualdade queremos facer fincapé no problema da fenda salarial de xénero, xa que a diferenza salarial entre mulleres e homes reflicte unha absoluta discriminación.
Esta charla-coloquio ten como obxectivo sensibilizar e facer unha chamada de atención á cidadanía sobre a grave discriminación das mulleres no ámbito laboral. A pesar de que as mulleres teñen unha cualificación igual ou superior á dos homes, a valoración non é a mesma e as posibilidades de ascenso profesional son máis escasas para as mulleres.
Teremos como intervenientes Ángela Martínez Parada, da CIG, e maila concelleira da área da Igualdade da Pobra do Caramiñal, Rosario Varela Fernández.
Entrada de balde