
Domingo 17 marzo: "O escaparate", teatro pola igualdade, de Salidas de Emergencia
OBRA DE TEATRO “O ESCAPARATE”, a cargo de Salidas de Emergencia
DOMINGO 17 DE MARZO ÁS 20.00 h NO TEATRO ELMA
“O escaparate” é unha peza que aborda o tema da busca da persoa e a súa posición na sociedade, e fai fincapé no concepto dos estereotipos físicos e de conduta creados pola sociedade, ós cales se lles deron unha función sexista.
A ruptura de estereotipos sociais convértese na idea central á cal se teñen que enfronta-las dúas protagonistas.
Nun mundo inanimado desenvólvese a historia das protagonistas, dúas manequíns, que viven limitadas ós desexos das persoas que as crearon. Non teñen nome nin identidade; simplemente foron creadas para seren expostas, vestindo as súas mellores galas, ante os ollos dos/as viandantes. Un día, unha das manequíns estoupa e deixa fluí-la súa inquedanza, que a tiña martirizada: “Quero ser unha muller de verdade”. Con esta confesión, ábrese a brecha que cambiará o destino de ámbalas dúas, temerosas de transgredi-las normas e de saíren da súa zona de confort, para poderen alcanzar esa liberdade de que foron privadas soamente por existiren.
Organiza a Concellaría de Igualdade.
Apta a partir dos 12 anos
Entrada de balde