Bolsa de emprego de logopedistas: lista provisional de persoas admitidas/excluídas
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DA POBRA DO CARAMIÑAL
Posto que rematou o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co estabelecido nas bases da convocatoria aprobadas mediante a Resolución desta Alcaldía nº 426/2019, de data 31 de maio de 2019, para a selección con carácter temporal de logopedista mediante o sistema de concurso-oposición;
despois de considera-las facultades conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo cal se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; así como o previsto no Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público;
e unha vez considerado o estabelecido no apartado segundo h) e sétimo 7.2.1 das bases que regulan as presentes convocatorias,
RESOLVO:
Primeiro.- Aproba-la lista provisional de persoas admitidas e excluídas.
Segundo.- Ordena-la exposición da presente resolución no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello, de acordo coa base cuarta: admisión e exclusión de aspirantes 4.1.
(NOTA: A lista PROVISIONAL de persoas admitidas e excluídas, coa indicación da correspondente causa de exclusión, encóntrase publicada no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal: https://apobra.sedelectronica.es/).