
16 de agosto de 2019: vive o turismo mariñeiro na Pobra coas propias mariscadoras/es
Na Pobra do Caramiñal cremos no turismo de experiencias: darlles ás persoas visitantes a oportunidade de realizaren actividades diferentes e viviren en primeira persoa a identidade do destino en que se atopan. Por iso, apostamos polo turismo mariñeiro.
Este venres, 16 de agosto de 2019, ás 9:30 h vai ter lugar unha visita guiada. Mariscadoras e mariscadores de a pé van facer de guías e explicar en que consiste o seu traballo; e non só iso, as persoas participantes vanse poder meter ó mar con elas/es e aprender a manexar os seus útiles de traballo (rastro, angazo, sacho…), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se collen nas nosas augas, a calibra-los talles mínimos… En definitiva, unha experiencia que non ha deixar indiferente a quen participar nela.
Organiza a Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.