Rede Lila no Concello da Pobra do Caramiñal, festival Entre Bateas (30-31 de agosto)
O Concello da Pobra do Caramiñal non tolera as agresións sexistas!!!
A Rede Lila chega tamén ó noso concello nesta IV edición do festival Entre Bateas, que se realiza venres 30 e mais sábado 31 de agosto de 2019, e reunirá amantes do rock, hardcore e metal.
Ó atardecer de venres 30 de agosto, o concerto de Sabela King & The Heartbreakers será a bordo dun catamarán percorrendo a ría da Arousa nunha viaxe de 3 h de duración. Haberá degustación de comida (mexillóns, pizza) e cata de bebidas.
Outros concertos serán os dos grupos Koma, Toundra, Aphonnic, Escuela de Odio, L.D.H (Los Del Humo), Atomic Zeros, Grilo e Strikeback.
O Concello da Pobra pon en funcionamento un Punto Lila, en colaboración con voluntarias.
Facemos un chamamento a toda a veciñanza e a tódalas persoas que nos visitan para gozaren das nosas festas e mais da nosa vila para que, entre todas e todos, contribuamos a facer uns festivais seguros, sen violencia sexista.
https://www.facebook.com/igualdadeapobra