
"Non sexas pirata!": protexámo-la riqueza marisqueira das nosas rías (DOMINGO 1 DE SETEMBRO nos Areos)
Este domingo, 1 de setembro de 2019, entre as 12 h e as 20 h no paseo da praia dos Areos, haberá un posto informativo para concienciar do esforzo que as nosas mariscadoras e mariscadores fan nos areais.
A riqueza das rías depende de todas e todos.
Haberá tamén xogos para as máis pequenas/os.
Obxectivo xeral desta actividade: conciencia-la cidadanía da importancia da actividade marisqueira na nosa comunidade e combate-lo chamado FURTIVISMO DE TRAXE DE BAÑO
Obxectivos específicos:
· Familiariza-lo público en xeral coa actividade marisqueira para aumenta-lo seu coñecemento e interese por esta
· Transmitir de xeito inequívoco a importancia económica e social da actividade marisqueira na Galiza poñéndoa en valor
· Transmitir ó público as consecuencias do marisqueo furtivo con relación á seguridade, á economía e á sustentabilidade