Domingo 1 de setembro, ROMARÍA DO CENTENARIO da homenaxe popular a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal
Este próximo domingo, 1 de setembro de 2019, será sempre moi lembrado porque A Pobra do Caramiñal recibirá a visita do seu ilustre cidadán, o famoso escritor don Ramón del Valle-Inclán, quen virá en persoa acompañado da súa familia e amizades, para ser recibido con tódolos honores no Concello da Pobra do Caramiñal pola corporación municipal e maila veciñanza da nosa vila, e unírense nunha grande e divertida festa, con diversas actividades para tódolos públicos, que durarán dende a mañá ata a noitiña.
Valle-Inclán visitará a nosa localidade para revivi-la romaría popular que hai xa un século (1919) o pobo da Pobra do Caramiñal organizara no seu honor, cun xantar no monte da Curota. E desta volta tamén subiremos de novo ata A Curota para outro xantar colectivo no Miradoiro de Valle-Inclán, pero nesta ocasión iremos nun autobús gratuíto para tódalas persoas que se anoten no Museo Valle-Inclán (ata as 20 h de sábado 31 de agosto) ou ben no teléfono 671 09 02 62 ata o propio domingo 1 de setembro antes da subida ó miradoiro.
Hora | Actividade | Lugar |
11:15 | Encontro das persoas participantes no itinerario comentado pola Pobra do Caramiñal contemporánea de Valle-Inclán
|
Cantón da Leña |
11:30 | Itinerario guiado pola ruta biográfica e literaria de Valle-Inclán, con intervencións espontáneas de actrices e actores caracterizados de Valle-Inclán, García Martí e Josefina Blanco
|
Centro da vila |
12:00 | Apertura do mercado tradicional | Cantón da Leña |
12:30 | Animación polas prazas da localidade a cargo do Grupo Tradicional Arume de Boiro, as pandeireteiras de Lumieira e Tanxedoira, e Borja Insua como o “Bululú”, intérprete da ficción “Juan Quinto”
|
Centro da vila |
13:15 | Recibimento protocolario de Valle-Inclán e séquito na casa consistorial; ó remate irán cara ó Cantón da Leña | Consistorio |
13:30 | Último pase da romaría itinerante a cargo do Grupo Tradicional Arume de Boiro, Lumieira, Tanxedoira e o “Bululú” | Cantón da Leña |
14:30 | Peche do mercado tradicional
Traslados de público ó Miradoiro de Valle-Inclán |
Pantalán |
15:00 | Xantar campestre no Miradoiro de Valle-Inclán, onde haberá unha polbeira e divertimentos | Miradoiro de Valle-Inclán |
16:30 | Sobremesa con música, cantos e bailes tradicionais a cargo dos grupos Trécola, Caraveiros, Escola de baile e pandeireta Caramiñas e A.C. Arrancadeira. Foto conmemorativa da romaxe de 2019 |
Miradoiro de Valle-Inclán |
18:30 | Traslados de público de volta á vila
Reapertura do mercado tradicional |
Cantón da Leña |
19:30 | Pasarrúas infantil a cargo das agrupacións A.C. Arrancadeira e Escola de baile e pandeireta Caramiñas | Centro da vila |
20:15 | Contacontos: “Malpocado!”, curta valleinclaniana, por Mariló Ríos | Cantón da Leña |
20:30 | Obradoiro de baile por Luís Prego para as máis pequenas/os: “Xogos e cantares de onte para os rapaces de hoxe”
Obradoiro de baile por Luís Prego para tódolos públicos: “Bótalle un punto na festa” |
Cantón da Leña |
22:30 | Concerto dos Faíscas da Pontraga | Cantón da Leña |
23:45 | Fin de festa. Queimada | Cantón da Leña |
(Podes descarga-lo programa completo en PDF.)
Programa actos festivos centenario da homenaxe a Valle-Inclán