
ACTIVIDADE ANULADA! (Contacontos e obradoiro medioambiental para nenas/os na biblioteca municipal: 18 de setembro, 18 h)
(Debido a problemas graves da contacontos que ía dirixi-la actividade, vémonos na obriga de suspendela. Lamentámo-las molestias.)
Na biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal queremos participar dalgún xeito na Folga Mundial contra o Cambio Climático que se realizará nos días 20 (dirixida ó alumnado) e 27 de setembro (a nivel xeral) de 2019; por iso, no día 18 de setembro contaremos coa presenza da contacontos Iolanda Eiras e do escultor Camilo Seira, que nos transportarán ó mundo máis ancestral, onde tódolos seres que habitan a Terra falan. Todos agás un: a árbore calada.
Neste conto tomaremos conciencia sobre a importancia de coidármo-la terra e sobre o poder devastador do lume.
A actividade inclúe un obradoiro plástico de modelaxe en barro: “Que facer coa terra”.
Estará dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos e será ás 18 h