
Audiovisual pola igualdade de xénero: "Na súa pel", 29 de novembro ás 20 h no auditorio do Museo Valle-Inclán
No día 29 de novembro de 2019, ás 20 h do serán no auditorio do Museo Valle-Inclán, terémo-la presentación do audiovisual Na súa pel, realizado por VouFilms e protagonizado por un grupo de rapazas e rapaces da Pobra do Caramiñal.
Trala presentación do dito audiovisual terémo-la oportunidade de debatermos e conversarmos coas persoas protagonistas.
Esta actividade encádrase no seo da programación xeral do Concello da Pobra do Caramiñal polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Contaremos tamén como intervenientes coa concelleira e mais con traballadoras da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal.
Queredes saber como sería realmente estardes “na súa pel”? Imaxinástelo algunha vez?
Pois….non o perdades!!!
https://apobra.gal/semana-do-25-de-novembro-dia-internacional-da-eliminacion-da-violencia-contra-a-muller-proseguen-as-actividades-na-pobra-do-caraminal/