Ven ó Entroido Esperpéntico e á festa de época! Sábado 22 de febreiro na praza do Cantón da Leña
No sábado 22 de febreiro de 2020, ven rememora-los tempos do noso escritor Valle-Inclán, o inventor do xénero literario do esperpento.
Na praza do Cantón da Leña imos relembra-la época en que viviu don Ramón del Valle-Inclán, cunha ampla programación de actividades. Imos revivi-los anos 20 e mailos anos 30 con música, disfraces, concursos de máscaras e tamén obradoiros de máscaras, tanto para o público infantil coma para a xente adulta, e mais obradoiros de cociña.
Proxectarémo-la obra literaria “Los cuernos de don Friolera“, de Valle-Inclán, no auditorio do museo dedicado ó noso xenial creador literario.
O tenente Astete (o cornudo don Friolera) botaranos un bo discurso; pero, a seguir, chegará onda nós don Ramón del Valle-Inclán e ensinaráno-lo que é realmente un discurso bo.
SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2020 ÁS 23.59 h escollerase tamén o gañador ou a gañadora do premio á mellor máscara feita no Obradoiro de Máscaras Esperpénticas (persoas adultas) que se fai sábados 8 e 15 de febreiro na praza Maior.
Non o perdades!
https://apobra.gal/ven-o-entroido-esperpentico-dos-anos-20-e-30-sabado-22-de-febreiro-na-praza-do-canton-da-lena/