Peche do punto limpo e suspensión do servizo de recollida de mobiliario e utensilios durante o estado de alarma
Infórmase de que durante o período de vixencia do estado de alarma non é posíbel o servizo de recollida de mobiliario e utensilios nas condicións habituais.
O persoal da empresa concesionaria está realizando o servizo básico de recollida de lixo.
O punto limpo do polígono está pechado e o servizo de recollida de utensilios ó lado dos contedores non está en activo.
Como é lóxico, non procede nin baixar utensilios á rúa nin que o persoal encargado disto os recolla, mentres dura a corentena. A seguridade sanitaria deste persoal é importante para seguir mantendo o servizo de recollida de lixo nos contedores de maneira fluída. Así mesmo, redúcese tamén a probabilidade de contaxio da propia veciñanza.
Por favor, apélase á boa vontade da xente e á obriga de confinamento, para non deixar utensilios e mobiliario nin na rúa nin formando vertedoiros incontrolados no monte. Seguro que hai algún recuncho na casa para aparcar de momento ese traste.
Como todo non deben ser malas novas, aquí deixamos esta ligazón relacionada con residuos: https://www.tiempodereciclarse.es/ .
Moito ánimo!