Repartición de pantallas protectoras dende 8 de abril nos comercios e no mercado municipal da Pobra do Caramiñal
O Concello da Pobra do Caramiñal comezou hoxe, 8 de abril, coa repartición de pantallas protectoras no sector do comercio.
23 foron para distribuílas no mercado municipal.
Nos vindeiros días irán para outros traballadores e traballadoras que seguen abrindo os seus estabelecementos, principalmente de alimentación. Redactamos tamén unhas instrucións para que o seu uso sexa o máis eficiente posíbel e que poden descargarse aí abaixo.
É importante te-las instrucións en conta, xa que en ningún caso este dispositivo protexe do contaxio do virus polo sistema respiratorio; a pantalla terá que estar acompañada dun sistema de protección respiratoria (máscara).
Quérese tamén indicar que ata o día de hoxe non foi posíbel facelo porque a prioridade foi o persoal sanitario (centro de saúde e hospitais) e de atención en residencias de maiores que nolo demandaron, así como tamén recibiu algunhas unidades o corpo da Garda Civil.
E, por suposto, os propios traballadores e traballadoras do Concello (servizo de axuda no fogar, limpeza viaria, Policía municipal) e os voluntarios e voluntarias da Protección Civil.
Unha vez máis, moitas grazas a tódalas persoas implicadas en que o Concello poida producir este material de maneira gratuíta.
Instrucións para o uso das pantallas (descargar en arquivo Word ou arquivo PDF):
Instrucións de uso das pantallas
Instrucións de uso das pantallas