
Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!
COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN
Nesta xeira presentámoslles, xunto con outra das imaxes caricaturescas que Siro realizou de Valle-Inclán, un fragmento dunha das mellores e máis importantes obras en toda a prosa modernista da literatura en castelán: Flor de santidad.
Esta obra, sen fuxir das formas musicais e coloridas do modernismo, céntrase un pouco máis nas tradicións populares e lendas galegas con que Valle-Inclán se familiarizou na súa infancia.
Peza do día: mércores, 29 abril de 2020
VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións
Serie plástica creada por Siro
Caricatura VIII
Siro [Siro López]
Témpera sobre papel
2007
Orixinal
Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)
Camiñaba cara á pousada un deses peregrinos que van en romaría a tódolos santuarios e percorren os camiños salmodiando unha historia sombriza, forxada con reminiscencias doutras cen e á mantenta para conmove-la alma dos montañeses, milagreiros e tráxicos. Aquel mendicante desguedellado e bizantino, coa súa esclavina adornada de cunchas e o bordón dos camiñantes na destra, parecía resucita-la devoción penitente do tempo antigo, cando toda a cristiandade creu ver na celeste altura o Camiño de Santiago. Aquela ruta poboada de riscos e traballos, que a sandalia do peregrino ía labrando piadosa no po da terra! / Non estaba a dita hospedaxe situada sobre o camiño real, senón na metade dun descampado onde só se erguían algúns piñeiros desmedrados e secos. […] Sentada ó abeiro dunhas pedras célticas, douradas por liques milenarios, fiaba unha pastora…
(Valle-Inclán: Flor de santidade. Historia milenaria, 1904)
(Tradución do Concello da Pobra do Caramiñal, Servizo de Normalización Lingüística)
Cita orixinal castelá:
Caminaba rostro a la venta uno de esos peregrinos que van en romería a todos los santuarios y recorren los caminos salmodiando una historia sombría, forjada con reminiscencias de otras cien, y a propósito para conmover el alma de los montañeses, milagreros y trágicos. Aquel mendicante desgreñado y bizantino, con su esclavina adornada de conchas, y el bordón de los caminantes en la diestra, parecía resucitar la devoción penitente del tiempo antiguo, cuando toda la Cristiandad creyó ver en la celeste altura el Camino de Santiago. ¡Aquella ruta poblada de riesgos y trabajos, que la sandalia del peregrino iba labrando piadosa en el polvo de la tierra! / No estaba la venta situada sobre el camino real, sino en mitad de un descampado donde sólo se erguían algunos pinos desmedrados y secos`. […] Sentada al abrigo de unas piedras célticas, doradas por líquenes milenarios, hilaba una pastora…
(Valle-Inclán: Flor de santidad. Historia milenaria, 1904)
Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán nesta ligazón:
https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan