
Maio, mes das Letras Galegas de 2020: entrevista con Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado
O Día das Letras Galegas, que se celebra tódolos 17 de maio dende 1963 (data do centenario da publicación dos “Cantares Gallegos“ de Rosalía de Castro), neste ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990), membro numerario da Real Academia Galega (RAG) dende 17 de maio de 1958 ata que faleceu.
Foi o primeiro profesor da universidade galega das materias de Lingua e Literatura Galegas.
Foi tamén o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas que tivo a universidade galega (1972).
Segundo a RAG, “a súa erudita Historia da literatura galega contemporánea (1963) é o esforzo de sistematización da nosa literatura máis ambicioso e significativo da segunda metade do século XX”.
A súa obra narrativa A xente da Barreira (1951) é a primeira novela publicada en galego despois da guerra civil.
Compartimos esta entrevista con Carvalho Calero, poucos anos antes de falecer, no “A Trabe de Ouro” presentado por Víctor Freixanes (actual presidente da RAG) e emitido en 1987, coa participación dos tamén escritores Francisco Pillado e Miguel Anxo Fernán Vello.
(Fotografías da Real Academia Galega, RAG)