A Pobra segura: visitas de asesoramento especializado ós locais (medidas de seguranza pola Covid-19)
A POBRA SEGURA: visitas de asesoramento ó teu establecemento para tratar cuestións derivadas da Covid-19
O Concello da Pobra pon á disposición das empresas do municipio o proxecto #EstablecementosSeguros,un servizo de asesoría sobre medidas de seguridade derivadas da Covid-19.
O servizo está encamiñado
– á asistencia personalizada por unha asesoría en cada negocio;
– á subministración de tódolos elementos da cartelaría e da sinalización precisas;
– ó asesoramento e resolución de dúbidas;
– á posta á disposición dos bares e restaurantes de cartas en formato dixital que substitúan as tradicionais.
O único requisito para se acoller a este servizo é que a empresa ou profesional demandante estea legalmente constituído/a e preste servizo no Concello da Pobra.
Para solicitar este servizo, cómpre entrar neste enderezo web e cubri-lo formulario a seguir:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdLKxKyZxsmWqvMTy7wZZcDLmb7JB74TpaHxkA8OqD8kumZyw/viewform