A Pobra conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente con dúas retiradas de lixo na praia da Corna
O Concello da Pobra do Caramiñal súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora cada 5 de xuño, con dúas xornadas de retirada de lixo na praia da Corna.
Estas limpezas de areais terán lugar nos domingos 2 e 16, das 10.00 ás 14.00 horas, para facilita-la asistencia das persoas voluntarias.
Con relación a esta iniciativa, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, manifesta que a Administración local continúa así con actividades de sensibilización entre a cidadanía para o coidado das contornas naturais; nesta ocasión, marítimas. Trátase, polo tanto, dunha mostra máis do compromiso en materia medioambiental.
Farase a entrega de todo o material necesario para a retirada dos residuos e contarase coa colaboración da Protección Civil.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que se inscriban no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com.