Emprego público de 2020 do Concello da Pobra: resultados do 1.º exame, convocatoria do 2.º exame do persoal da limpeza
Neste venres 17 de xullo de 2020 realizouse o primeiro exame do proceso selectivo para unha bolsa de emprego do persoal da limpeza do Concello da Pobra do Caramiñal.
Publicámo-la acta do tribunal cualificador deste proceso selectivo coas CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS.
Xúntase tamén o modelo de respostas correctas dese primeiro exame.
As persoas interesadas teñen a posibilidade de presentaren reclamacións e alegacións ás ditas preguntas e ás cualificacións provisionais.
Se non se presentaren alegacións, as ditas cualificacións converteranse en definitivas.
O segundo exame (lingua galega) realizarase martes 21 de xullo de 2020 ás 10 h na casa consistorial da Pobra do Caramiñal.
Arquivo en PDF:
20200717_Cuestionario tipo test coas respostas correctas
Arquivo en Word:
modelo CORRIXIDO EXAME TIPO TEST BOLSA LIMPEZA xullo de 2020
(Arquivo PDF):
20200717_Acta de resultados cuestionario tipo test persoal de limpeza